fbpx

Agroecoloxía na escola en inverno

Este inverno 2022/23 está a ser especialmente duro para as nosas hortiñas, ente treboadas, fortes ventos, abundantísimas chuvias… levamos uns meses facendo malabares coas datas para non deixar de acompañar a cativada nas súas labores labregas… E non foi nada mal!

Algunhas hortiñas notaron moito os fortes ventos e outras máis a cantidade inmensa de agua… pero ó final en todas hai cousiñas boas que tiraron para diante a pesares do clima.

O inverno na horta ten as súas actividades propias:

Como todo o plantado tarda moito en medrar co frío e os días cortos.facemos outras cousiñas importantísimas, como voltear ben o compost, plantar flores para ir atraendo ós polinizadores… imos a caza de caracois e babosas.. Pero tamén temos dous grandes cultivos estrela, que só podemos plantar neste tempo. E os dous teñen súperpoderes!!!

As Fabas: Plántanse entre Decembro e Xaneiro,  directamente no chan, de semente. Teñen a virtude de nutrir o solo, xa que son leguminosas, e fixan o nitróxeno ao chan. En Galicia é moi tradicional preparar as Leiras plantando fabas no inverno, para segalas en Marzo e asegurar unha boa produción primaveral. Nutricionalmente son tamén moi completas e con gran cantidade de proteínas.

Os Allos:  Xa o di o refrán… “Todos os días que pasan de xaneiro son allos que perde de dar o alleiro”

Así que en decembro estamos a tempo de plantalos, normalmente plantamos o dente de allo, para recoller como allete tenro en marzo. Poñémolos por todos os rincóns da hortas menos xunto ás fabas, xa que non asocian ben. Entre as súas virtudes como cultivo, vai moi rápido e axuda a loitar contra os caracois e babosas co seu forte cheiro. Nutricionalmente en allete fresco ten moits propiedades antibióticas, cousa boa neste tempos que corren : )

E así pasamos o inverno marabillosamente, preparándonos ben e tendo todo controlado para unha fermosa primavera na horta.

Refráns sobre as hortas en Galicia: participa!

Vídeo Explicativo

Ola! Por se non se reproduce correctamente o vídeo, deixamos esta ligazón.

/Subtítulos en galego/

Dende SomosTerra estamos iniciando unha campaña de partipación cidadá para recopilar os refráns que nos aportan tantísima información sobre as hortas. En concreto, nos obradoiros do Programa Educativo Agroecoloxía na Escola estamos compartindo con todo o alumnado esos refráns que coñecen as nosas familias e as nosas persoas maiores. Igual no día a día nós non os escoitamos, pero seguen aí, e seguen na memoria das persoas que tiveron esa conexión esa conexión co agro e que de verdade sabía cultivar, recordaban as datas claves para sembrar, para colleitar, grazas, en gran parte, a esos refráns que permitína lembrar que en xaneiro…

Entón, esta iniciativa é un chamamento á cidadanía, a ti que estás escoitando isto, a compartir os refráns que coñezas, ou para preguntarlle a esa persoa que ti sabes que coñece este tipo de refráns. Faremos unha recopilación que compartiremos con todo o alumnado dos coles que participan no programa de Agroecoloxía na Escola mais tamén con toda a cidadanía. Ao final, vai a ser unha recopilación fermosa de tanta sabedoría ancestral que nos aporta tantísima información sobre os métodos tradicionais que existían en Galicia e que hoxe en día poden seguir sendo realmente útiles e beneficiosos para coñecer mellor o territorio.

Se queres participar podes facelo a través do seguinte formulario:

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad