fbpx

CAMPAMENTO DE VERÁN EN PANXÓN!

Os nenos e nenas de Nigrán poderán desfrutar este verán da natureza da contorna con teatro e cultura. Decidimos unir forzas con Teatro do Ar para sacar adiante un campamento que durante xullo e agosto encherá o CPI Arquitecto Palacios de Panxón de actividades para que os pequenos e pequenas aprendan a desfrutar e a coidar do noso patrimonio natural e tamén cultural.

Neste campamento queremos achegar aos pequenos e pequenas á natureza e a arte a través de actividades de horta,colleitas, excursión e obradoiros e xogos teatrais cun equipo formado por biólogas, educadoras ambientais e actrices para que os nenos e nenas aprendan e desfruten ao máximo do seu verán en Panxón”.

Entre as actividades que se programarán semanalmente hai, entre outras, obradoiros que promoven o coidado do medioambiente, excursións para coñecer a natureza da comarca, obradoiros de cultivo na horta ecolóxica do colexio para aprender sobre sostibilidade e dieta saudable, clases de teatro como ferramenta para a promoción de valores e deportes. As inscricións ao campamento xa están abertas e os prezos van de 200 euros o mes enteiro, 150 euros a quincena, 80 euros a semana e 15 euros días soltos.

Tanto Somos Terra como Teatro do Ar temos ampla experiencia no traballo en valores cos nenos e nenas. Contamos con experiencia en animación infantil e familiar enfocada á educación para a sostibilidade en diferentes centros educativos e concellos, a través de programas educativos e obradoiros presenciais e dixitais. Por outra banda, Teatro do Ar tamén conta cunha dilatada experiencia no traballo con menores a través do teatro tanto en actuacións como na Escola de Teatro de Nigrán.

Podes consultar toda a información neste enlace

Deixa unha resposta

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad