Este campamento da continuidade ao programa Agroecoloxía na escola no centro educativo, con actividades de horta como plantación de verán, colleita, mantemento, etc. Tamén faremos actividades de educación ambiental relacionadas coa agroecoloxía, como reforestación, compostaxe, coñecemento da biodiversidade local, flora adventicia e fauna útil, aprendendo sempre dende unha perspectiva lúdica e respectuosa.
É posible grazas á colaboración co CPI Arquitecto Palacios, por cedernos as instalacións do centro educativo e permitir así a continuidade da horta escolar durante todo o verán.
Información importante
É indispensable cubrir o formulario de inscrición e agardar a confirmación da inscrición mediante correo electrónico antes de formalizar o pago.
CAMPAMENTO COMPLETO
Últimas plazas para o alumnado do CPI Arquitecto Palacios e a EEI As Dunas, se os nen\s son alumnado destes centros chámanos ao 667 736 645 para reservar a plaza.
De luns a venres de 09:00 a 14:00 con posibilidade de ampliación de 08:00-15:00 según demanda das familias.
Do 1 de xullo ao 31 de agosto.
De 3 a 14 anos.
- Educación ambiental: obradoiros que promovan o coidado do medioambiente e o coñecemento sobre biodiversidade.
- Horta ecolóxica: obradoiros de cultivo para aprender sobre sostibilidade e dieta saudable.
- Coidado de animais de granxa.
- Teatro: utilizamos o teatro como ferramenta para a promoción de valores.
- Deporte e retos que promoven a cooperación.
- Xogos ao aire libre.
- Actividades creativas relacionadas coa natureza.
Faremos excusións cada semana para desfrutar da natureza da contorna, como a praia, rutas polo bosque, etc.
Este campamento está organizado pola cooperativa SomosTerra e Teatro do Ar.
SomosTerra é unha cooperativa galega sen ánimo de lucro. Traballamos por impulsar sostibilidade a través de proxectos para a cooperación local e a participación social. Contamos con experiencia en animación infantil e familiar enfocada á educación para a sostibilidade en diferentes centros educativos e concellos, a través de programas educativos e obradoiros presenciais e dixitais. Estamos comprometidas coa creación de hortas colaborativas para promover o cultivo ecolóxico e a agroecoloxía a través do lecer, a intelixencia colectiva e a diversión. Así será no campamento!
Somos un grupo de teatro con sede en Nigrán e formado por doce integrantes. Apostamos por un teatro propio para trasladar da maneira máis pura a nosa forma de entender este arte e o mundo que nos rodea. Dende que creamos o grupo hai 10 anos traballamos todos os xéneros teatrais. Dende fai 3 anos facemos tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo. O noso traballo xa foi recoñecido en varios certames, tamén somos Premios Nigrán á Cultura 2022.
RAQUEL GÓMEZ VILLAR
Graduada en Bioloxía na Universidade de Vigo, especializada en Neurociencia e Educación en Valores. Actualmente, docente, divulgadora e coordinadora de proxectos no ámbito da sostibilidade e a Axenda 2030 en SomosTerra Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Sen Ánimo de Lucro.
DIANA MUÑOZ SOMOZA
Con estudios en Enxeñería Agrónoma e maestría en compostaxe, con numerosas experiencias como monitora e educadora ambiental. Actualmente forma parte de SomosTerra Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Sen Ánimo de Lucro como monitora e coordinadora nos programas de Agroecoloxía na escola en diferentes centros educativos.
SARAI GÓMEZ VILLAR
Graduada en Traballo Social pola Universidade de Vigo, especializada en Menores en Desprotección e Conflicto Social e Teatro Social, monitora de ocio e tiempo libre. Actualmente, formándose en locución e doblaxe, actriz e profesora de teatro na Escola Teatro do Ar.
- Todas as actividades serán ao aire libre e en plena natureza (excepto climatoloxía adversa, dispoñemos de interiores).
- Seguiremos a nosa liña de pedagoxías socioafectivas e aprendizaxe a través do lecer
- Traballaremos con materiais naturais da nosa contorna para aprender a respectar e valorar o medio no que vivimos.
- O noso equipo está formado por biólogas, profesoras de teatro e educadoras ambientais.
- Disporemos de servizos que favorezan a conciliación.
Tarifas:
- Campamento completo: 380€
- Mes: 220€
- Quincena: 160 €
- Semana: 90 €
- Días soltos: 22 €
- Servicio concilia: 2,5€/día
Descontos (non acumulables)
- 15 % alumnado da escola de Teatro do Ar.
- 15% por alumnado participante no programa educativo Agroecoloxía na Escola (CEIP Humberto Juanes, CEIP Mallón, CEIP Carlos Casares, CEIP Da Cruz, CEIP Belesar e EEI O Areal).
- 15% para irmáns e familias monoparentais.
- 20 % por alumnado do CPI Arquitecto Palacios e EEI As Dunas.
Contáctanos directamente para resolver calqueira dúbida:
Correo: campamentoveranpanxon@gmail.com
Teléfono:
- Diana 677 02 33 17
- Raquel 667 73 66 45
Web Teatro do Ar:
Redes sociais: