fbpx

Campamento de Panxón 2023: Outro verán xuntas!

Este Verán, de novo, desfrutamos acompañando á cativada e á rapazada durante as súas vacacións estivais. Xunto Con Teatro de Ar, vivimos grandes aventuras durante os meses de xullo e agosto.

No noso campa sempre vai fresquiño, con tantas árbores e tan pretiño do mar. Nunca pasamos calor e temos moita sombra.

 Temos moitísimas cousas que facer!  

1

Coidar da horta:
Este ano o noso cultivo estrela foi a Luffa que medrou un montón, e aprendemos que del poderemos obter semente e estropallos para lavar os pratos dunha forma natural sen usar plásticos! É unha forma preciosa de mostrar a cativada, como podemos reducir residuos cos nosos propios recursos.

Coidamos e colleitamos os cultivos e aprendimos a obter a semente das propias plantas da horta, para poder seguir traballando nela nas diferentes estacións do ano.

Tamén elaboramos xabóns e bolsiñas aromáticas… aiiii que ben arrecendían as nosas mochilas ese días…

Coidar dos animais:

Esta vez, ademais das burriñas Violeta e Paloma, a ovella Laniñas, a cabra Tormenta, as galiñas e as ocas…. Tivemos ó noso coidado coelliños que namoraron a grandes e pequenos. Soltalos polas mañá a primeira hora, darlles auga, comida e cariño e a última hora volver a arrombalos nas súas casiñas foi unha rutina divertida onde tamén coñecimos as habilidades e responsabilidade da cativada.

5
6

Actividades de Teatro da man de Teatro Do Ar:

Estas actividades de improvisación, de creación de historias e personaxes, aportaron á cativada, ademais de diversión, unha ferramenta moi útil contra a timidez.

Estes momentos de Teatro tamén crearon moita cohesión no grupo, xa que, ao perder a vergoña, a cativada comezou a sentirse mais cómoda no resto das actividades do campamento.

Ademais sempre nos agasallan con obras e presentacións divertidísimas!

7

Xogo Libre, Diversión e moitas festas!

Como non pode ser doutra forma, ademais das actividades diarias tamén tivemos moooitooo tempo libre, para xogar, cociñar, patinar, disfrazarnos, celebrar festas cada venres…

A rapazada gustoulle celebrar o remate de cada semana con actuacións, talentos, pintacaras, merendolas…

Visitas

Tamén recibimos moitas vistas das que nos sentimos moi agradecidas:

A protectora de animais Os Biosbardos explicounos en que consisten os seus traballos diarios e presentounos a algún dos seus canciños . Puidemos pasealos polo Campa e darlle moito cariño.

O Centro Juan María, que xa é un mais nas nosas actividades! Encántanos recibilos no campa e xogar tod@s xunt@s!


E tamén os nosos amigos da Asociación ACEESCA de Porriño, que tamén nos agasallaron coa súa visita, e, non só iso! Fixemos xuntos unha merendola!!

E así como vos contamos aconteceu o noso Veraniño…

Estamos moi agradecidas pola confianza das familias, e por poder acompañar un aniño mais a esta cativada tan fermosa.

Temos sorte de que veremos pronto a moitos deles nas escolas de Nigrán e Baiona!

Xogade moito rapazada! Sodes marabillos@s!

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad