Calendario CooperAcción 2022

A Cooperativa SomosTerra lanza un concurso de creación para a elaboración do “Calendario CooperAcción 2022” dirixido a calquera persoa que teña interese na sostibilidade.

Con este calendario queremos poñer de manifesto a necesidade de pasar a acción a favor da sostibilidade. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “desenvolvemento sostible”.

Pero…  e se poñemos en práctica a cooperación para chegar a máis persoas? Imaxínaste ter un calendario que cada día  inspire as persoas para contribuir coa sostibilidade? Esa é a temática deste concurso, esta é a iniciativa de CooperAcción que promovemos. O xurado seleccionará 12 propostas que darán vida ao calendario, unha proposta por cada mes.

Invitámosvos a expresarvos a favor da sostibilidade! Buscamos propostas que compartan a esa esencia de “vivir de forma sostible”, propostas que alimenten a cooperAcción!

Cóntanos o que significa para ti a sostiblidade, expresa o que sintes cando soñamos cun mundo sostible. Cada vez somos máis cocreando a transformación socioecolóxica!


Tamén deixamos por aquí o formulario de inscrición para formar parte do ecosistema SomosTerra. Comunicámonos a través de mail e prometemos non colapsar a túa bandexa de entrada. Compartiremos os avances  das iniciativas que temos en marcha e os resultados que vamos conseguindo entre todas! Ademais, estarás informada das novidades que vaian xurdindo entorno a sostibilidade no territorio galego. 

Vémonos dentro?