Coa aparición da agricultura e da gandaría foi mudando a nosa alimentación. Ao longo do século XX a alimentación sufriu cambios drásticos e moi rápidos; unha agricultura de alta produción que conlevou problemas de carácter ambiental, social, médicos e económicos, como perda de variedades vexetais e animais, unha perda de costumes alimentarios, e unha crecente industrialización do campo e da alimentación, á vez que unha artificialización dos modelos de produción e de consumo, e a expansión do monocultivo.
En contra das formas industrializadas de produción alimentaria nacen novas formas de cultivar que se basean nos procesos naturais para protexer e coidar o medio ambiente. Neste contexto créanse o que coñecemos como bosques comestibles ou xardíns de alimentos.
Coa idea de revertir esta situación e para aportar o noso grao de area na xestión forestal de Galicia, onde a paisaxe de monocultivo de eucalipto é unha realidade preocupante, que nos leva a estar nunha situación de vulnerabilidade ante os incendios forestais e a perda de biodiversidade. Lanzámonos, por fin, a cumplir o soño de crear o bosque comestible.