Unha das principais fórmulas que empregamos consiste en incluír a Axenda 2030 como ferramenta para a creación de proxectos que contribúen cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Para conseguilo, construímos “pontes” entre as institucións públicas e a poboación local. Desenvolvemos a diagnose participativa para escoitar as necesidades da cidadanía, a súa opinión sobre as problemáticas que detecta na súa contorna ou aqueles desexos que ten para conservar o territorio.
Así, deseñamos e coordinamos proxectos de cooperación local para activar a transformación socioecolóxica no territorio galego. Tamén ofertamos formación online en temáticas vencelladas aos diferentes ámbitos da sostibilidade.
Queres saber máis ?
Podes visitar a sección de Axenda 2030 no noso caderno de bitácora.