fbpx

Campamento 2023: Outro verán Xuntas!

Campamento de Panxón 2023: Outro verán xuntas!

Este Verán, de novo, desfrutamos acompañando á cativada e á rapazada durante as súas vacacións estivais. Xunto Con Teatro de Ar, vivimos grandes aventuras durante os meses de xullo e agosto.

No noso campa sempre vai fresquiño, con tantas árbores e tan pretiño do mar. Nunca pasamos calor e temos moita sombra.

 Temos moitísimas cousas que facer!  

1

Coidar da horta:
Este ano o noso cultivo estrela foi a Luffa que medrou un montón, e aprendemos que del poderemos obter semente e estropallos para lavar os pratos dunha forma natural sen usar plásticos! É unha forma preciosa de mostrar a cativada, como podemos reducir residuos cos nosos propios recursos.

Coidamos e colleitamos os cultivos e aprendimos a obter a semente das propias plantas da horta, para poder seguir traballando nela nas diferentes estacións do ano.

Tamén elaboramos xabóns e bolsiñas aromáticas… aiiii que ben arrecendían as nosas mochilas ese días…

Coidar dos animais:

Esta vez, ademais das burriñas Violeta e Paloma, a ovella Laniñas, a cabra Tormenta, as galiñas e as ocas…. Tivemos ó noso coidado coelliños que namoraron a grandes e pequenos. Soltalos polas mañá a primeira hora, darlles auga, comida e cariño e a última hora volver a arrombalos nas súas casiñas foi unha rutina divertida onde tamén coñecimos as habilidades e responsabilidade da cativada.

5
6

Actividades de Teatro da man de Teatro Do Ar:

Estas actividades de improvisación, de creación de historias e personaxes, aportaron á cativada, ademais de diversión, unha ferramenta moi útil contra a timidez.

Estes momentos de Teatro tamén crearon moita cohesión no grupo, xa que, ao perder a vergoña, a cativada comezou a sentirse mais cómoda no resto das actividades do campamento.

Ademais sempre nos agasallan con obras e presentacións divertidísimas!

7

Xogo Libre, Diversión e moitas festas!

Como non pode ser doutra forma, ademais das actividades diarias tamén tivemos moooitooo tempo libre, para xogar, cociñar, patinar, disfrazarnos, celebrar festas cada venres…

A rapazada gustoulle celebrar o remate de cada semana con actuacións, talentos, pintacaras, merendolas…

Visitas

Tamén recibimos moitas vistas das que nos sentimos moi agradecidas:

A protectora de animais Os Biosbardos explicounos en que consisten os seus traballos diarios e presentounos a algún dos seus canciños . Puidemos pasealos polo Campa e darlle moito cariño.

O Centro Juan María, que xa é un mais nas nosas actividades! Encántanos recibilos no campa e xogar tod@s xunt@s!


E tamén os nosos amigos da Asociación ACEESCA de Porriño, que tamén nos agasallaron coa súa visita, e, non só iso! Fixemos xuntos unha merendola!!

E así como vos contamos aconteceu o noso Veraniño…

Estamos moi agradecidas pola confianza das familias, e por poder acompañar un aniño mais a esta cativada tan fermosa.

Temos sorte de que veremos pronto a moitos deles nas escolas de Nigrán e Baiona!

Xogade moito rapazada! Sodes marabillos@s!

Mes da natureza

Este mes de Marzo, Xunto a Teatro de Ar e o concello de Nigrán, levamos a cabo O Mes Da Natureza.

Quixemos imaxinar o Nigrán do futuro, cun mes cheo de actividades con natureza e cultura.

Comezamos o mes, con 10 obradoiros gratuítos de horta e teatro, e 7 obradoiros dirixidos ós colexios públicos onde pasámolo xenial aprendendo coa rapazada a coidar a nosa contorna .

As actividades que máis gustaron foron as rutas teatralizadas, en Camos e Chandebrito, onde acudiron mais de 100 persoas e as actrices e actores de teatro do Ar nos fixeron desfrutar coas súas historias mentres camiñábamos.

Foto da visita ao sendeiro dos Matos na parroquia de Camos

Outro éxito foi o certame vídeo-literario “ollo con Nigrán”. Onde se presentaron 30 vídeos de como máximo 120 segundos que relataban un conto mentres filmaban as impresionantes paisaxes que temos en Nigrán.

As Gañadoras tiveron como premio un total de 1000 euros para gastar no comercio local.
A entrega de premios tivo lugar no Auditorio do concello cunha gala do máis divertido, presentada polo noso Amigo “trompeta” de Teatro de Ar.

Foto de todas as persoas premiadas no Certame: Ollo con Nigrán

No transcurso do mes, nas hortas urbanas tivemos actividades especiais, obradoiros de horta e tamén de teatro abertos para todo Nigrán.
Foi unha mestura moi divertida, para chegar a máis xente co noso traballo.

Non puidemos rematar as actividades do mes sen ter unha reflexión sobre a economía sostible de Nigrán.

Nunha mesa redonda reunimos a 4 dos proxectos máis sostibles de Nigrán, e charlamos nun coloquio aberto, sobre as seus logros no mercado e tamén as súas necesidades. Encantounos a súa presencia, positividade e sinceridade.

Os proxectos invitados foron :
Ertha Surfboards– Ettore, explicounos o contaminante que é o surf e como as súas táboas non deixan residuos nin dende a súa fabricación.
Calabizo– Co seu chourizo vexetariano feito de cabaza local, Edurne contounos sobre os problemas que tiñan para conseguir materias primas e a boa acollida que tiña no mercado.
Lámparas de cartón– Javier, que agora mesmo encontrase inactivo tras a pandemia, collendo forzas para retornar á venda das súa preciosas lámpadas sostibles.
Trisk-Ale: A cervexa artesá mais famosa no Val Miñor. Andrés, explicounos o novo proxecto que teñen entre mans, de facer cervexa co pan que sobra das panaderías locais. Unha sinerxía moi especial, para a concienciarnos da cantidade de pan que se tira cada día.

Mesa redonda das xornadas de natureza

E Así, con esta mesa redonda e este coloquio tan interesante , dimos paso a Alexandre Pereira, que nos falou do seu proxecto BNomad. “Restauración de ecosistemas en climas desérticos”.

Unha espectacular rexeneración nas portas do Sáhara pero tamén en zonas españolas como Alicante o Cádiz , moi afectadas pola desertización.

Charla de restauración dos ecosistemas desérticos de Alexandre Pereira nas xornadas de natureza.

Foi un mes marabilloso, de moito traballo , onde comprobamos o gran interese da xente nas actividades que propoñíamos.

O último evento do Mes foi o estreo da obra “Chao” Por Teatro do Ar, un cheo absoluto do auditorio do concello. Falaba dos desexos da volta ó rural dun mozo galego en contra da opinión da súa moza que pretendía vivir nunha gran cidade fóra de Galicia.

E así , natureza e cultura mesturáronse durante todo o mes en todos os recunchos de Nigrán.

Haberá outro, sen dúbida! Este non chegou!

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad