fbpx

Programa educativo Agroecoloxía na Escola

Agroecoloxía na escola é un programa educativo que promove a creación e o coidado dunha horta escolar, convertíndose no eixo para implicar ao alumnado na agroecoloxía e na educación ambiental. Ofrecemos un plan de mantemento e revitalización da horta escolar, contando cun programa de acompañamento ao alumnado do centro educativo, no que realizamos actividades centradas na educación ambiental.

A horta do centro escolar partiría como eixo central para a aplicación da sostibilidade e a materialización das diferentes accións propostas (plantación, rego, compostaxe, colleita…), tratando dende varias  perspectivas (sociais, ambientais e económicas) a soberanía alimentaria, o cambio global,  o consumo e a produción local e responsable. O programa consta dun mantemento anual a cargo das socias da cooperativa durante os 12 meses do ano e dunha serie de obradoiros participativos e presenciais, específicos e adaptados a cada curso na horta escolar. 

 

Obxectivos xerais

  • Poñer en valor o coidado do medio por parte do alumnado.

  • Xerar unha rede de establecemento da Axenda 2030.

  • Fomentar hábitos de alimentación saudables.

Obxectivos específicos

 

  • Fomentar a responsabilidade, a paciencia e o traballo en equipo do alumnado.

  • Promover a convivencia e o traballo conxunto para satisfacer un ben común.

  • Fomentar o pensamento crítico e a creatividade.

  • Coñecer os beneficios do autocultivo (calidade, produto local)

  • Establecer rutinas de alimentación sa no alumnado.

  • Promover os beneficios das hortas urbanas.

  • Potenciar a sensibilización ambiental e consumo responsable.

  • Familiarizar ao alumnado con termos como o cambio global, desenvolvemento sostible, servizos ecosistémicos e a Axenda 2030. 

  • Capacitar ao alumnado para o coidado da horta.

  • Promover espazos verdes e naturais no centro escolar.

 

Orzamento

 O programa pode financiarse cos Contratos-Programa da Xunta de Galicia.

 

Centros participantes

 

  • EEI A Galiña Azul (Nigrán)

  • EEI As Dunas (Nigrán)

  • EEI O Areal (Baiona)

  • CEIP Belesar (Baiona)

  • CEIP Mallón (Nigrán)

  • CEIP Carlos Casares (Nigrán)

  • CEIP Da Cruz (Nigrán)

  • CEIP Humberto Juanes (Nigrán)

  • CPI Arquitecto Palacios (Nigrán)

  • IES A Paralaia (Moaña)

Actualidade

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad