Chegamos ao final de curso en Agroecoloxía na escola…
Un ano máis, quedamos abraidas dos coñecementos e interese da cativada e rapazada.
Cultivos de Outono, inverno e Primavera, remedios naturais contra plagas habituais, identificación de todos os cultivos da nosa horta, e os seus coidados, asociación e rotacións de cultivos, abobo verde, compostaxe, identificación da vexetación silvestre, sementeiras… E o obxectivo final: recolección e gardado das sementes que aseguran a continuidade da horta os vindeiros anos.
O que máis nos gusta é cando queren probalo todo crú xa na horta , sen esperar a chegar a casa, a rúcula, canónigos, chícharos, fabas, cenorias…as aromáticas todas cantas hai, as comen : )
Despois de tres anos con este proxecto, estamos moi ledas cos resultados obtidos, vemos unha cativada entregada e moi participativa, atenta e con unha retención de coñecementos expostos nos obradoiros impresionantes.