Sobrecapacidade da Terra

A primeira vez que nos atopamos con este termo nas redes ficamos cos ollos moi abertos, como querendo non terminar de asimilar o que significa. É un concepto digno dunha filme de terror. 

Xa sabes do que estamos a falar?

O Día da  Sobrecapacidade da Terra marca ese momento no que o ser humano consumiu todos os recursos naturais dos que dispoñía para todo o ano, sen que o planeta poida rexenerarse. Este cálculo realízao a Global Footprint Network e consiste nunha proxección teórica que se realiza a partir de dous tipos de indicadores. Por unha banda, a  biocapacidade ou a capacidade que teñen os ecosistemas para renovarse por si mesmos. Por outro, a pegada ecolóxica, que mide a superficie de terreos e mares  necesaria para producir todos os recursos que consome unha poboación e absorber os seus residuos.

Cada ano a data cambia. Neste atípico ano 2020, o Día da Sobrecapacidade da Terra aterrou o 22 de agosto, máis de tres semanas despois que en 2019, segundo Global  Footprint  Network. A data reflicte a redución do 9,3% da pegada ecolóxica da humanidade en comparación co mesmo período do ano pasado, o cal é unha consecuencia directa dos peches pola COVID-19 por todo o mundo. 

Podes investigar máis sobre cómo se calcula o Día da Sobrecapacidade da Terra neste enlace: http://www.overshootday.org/2020-calculation/

Soberanía alimentaria dende a cidade

Bo día, boa vida!

Queremos presentarvos a horta vertical de Laura! Nela podemos atopar plantuliñas de limoeiros e maceiras, cenorias, tomateiras, fresiñas e tamén aloe vera! Se vos fixades… os allos xa están ben crecidos!

Temos unha pregunta para vos: sabes por qué é tan importante que a caléndula nos acompañe na horta? Ah! Viron como é posible o cultivo en pequenos espazos? Así podemos depender menos dos produtos dos supermercados e garantir unha alimentación máis saudable, libre de agrotóxicos.

E vos, queredes crear a vosa hortiña vertical?

Vídeo: @laura.magalhaes.ambiental

Música: Derp Nugget – Kevin MacLeod

Licencia: http://creativecommons.org/licenses/b…

Comezamos coa comunicación dixital!

Bo día, boa vida!

Hoxe poñémonos a camiñar polo mundo dixital. Inaguramos o Blog de SomosTerra pois queremos contarvos aquelo que nos brota dende a raíz.

En Somosterra dedicámonos a coordinar plans de acción e cooperación para fomentar as alternativas sostibles que merece o territorio que habitamos.

Consiste nunha tarefa fermosa que estamos a facer entre todas e todos, dende a colectividade. Dende a persoa que separa o seu lixo na súa casa, ata aqueles grupos de acción social que se organizan para mellorar o mundo dende cada territorio.

Queremos, polo tanto,

facervos partícipes

de Todo

o que está

por facer.