ABRIL

ALTERNATIVAS PARA UNHA MENSTRUACIÓN SEN RESIDUOS

Cando temos inquietudes relacionadas co ecoloxismo e a sostibilidade, é necesario pensarmos en alternativas para todos os ámbitos da nosa vida. Este é o caso durante a menstruación, xa que desbotar tampóns ou compresas de usar e tirar ten un impacto ambiental elevado e constante, repetido cada mes ao longo dos nosos ciclos. Por este motivo, seguindo coa proposta de María Olivares, queremos compartir 3 alternativas sostibles para a menstruación.

Compresas de tela

Están creadas con teas colocadas superpostas, conseguindo unha elevada absorción. Podes facelas ti mesma. Colócanse igual que unha compresa convencional, pero á hora de rematar de usala, en lugar de desbotala, podemos lavala para continuar usándoa.

Podes investigar máis sobre este produto aquí

Copa menstrual

Trátase dunha especie de copa feita de silicona. Moi suave ao taco e moi eficaz para recoller o fluxo. Coa copa menstrual é que non necesitas nin usar salvaslips, porque é moi eficaz e pode recoller moita cantidade. Para cambialo, só se quita, baléirase, lávase con coidado cun jabón neutro e pódese volver usar sen problemas. Tamén se recomenda hervila a primeira vez que se emprega en cada ciclo.

Podes investigar máis sobre este produto aquí

Bragas absorbentes

Son unhas braguiñas cuxa composición permite non ter que levar compresas, pois están feitas dun material flexible capaz de absorber en gran cantidade, sen deixar que se traspase á roupa. Evita tamén os cheiros e poden pasar por unhas braguitas normais.

XANEIRO

Esta é a proposta seleccionada para o mes de Xaneiro, realizada por Laura Magalhães e Nadia Rodríguez. Ficamos moi emocionadas ao atopar outra proposta que sentimos encaixa co mesmo sentimento que transmite esta imaxe. É o poema “Coller o futuro nas mans” de Teresa Ríos, que compartimos a continuación.

Coller o futuro nas mans

Guindar 

unha presada de gran

agardar 

coa complicidade da lúa 

que xermole vida

 ulir o perfume da terra

 ollar a claridade da auga

 ouvir os trilos dos paxaros

 ser  folla que leva o vento

 ignorar a escravitude do reloxo

 tentar nomear as estrelas 

habemos 

ser sensibles coa Natureza 

afastala 

das gadoupas dos predadores 

para que no roibén 

as nosas crianzas 

saiban que hai beleza

 imposible de mercar.

Teresa Ríos

PORTADA

Para a portada do calendario, esta fotografía de María José Sánchez emocionounos profundamente, pois transmite dende a esencia este sentimento que da nome á cooperativa SomosTerra.

Dende a raíz celebramos a beleza coa que nos agasallaron as propostas presentadas para este Calendario CooperAcción 2021. Nos vindeiros días iremos compartindo as propostas seleccionadas para cada mes. Grazas a todas por facelo posible!

Deixámosvos este relato curto, enviado pola propia autora da fotografía:

La voz del árbol

Soy aquel, que a partir de una diminuta semilla germinó en tierra fértil. Fiel a la orilla del río, junto a él crecí robusto y erguido. Sólido ante las tempestades, frágil en mis terminaciones, en ocasiones con diversidad floral, en otras como fuentes de alimento.

He contemplado el paso de las estaciones durante miles de años. Purificando y aportando oxígeno al aire, evitando la erosión del terreno. Aportando con mi sombra frescor al camino. Siendo el hogar y refugio de multitud de seres vivos. 

Recuerdo cuando alguna persona me abrazaba rodeando la corteza con sus delicados brazos, despertando su sonrisa. Todo el tronco comenzaba a vibrar hasta lo más profundo de mis raíces, meciendo la copa, para comunicarle cuanto disfrutaba de su compañía.

Aquel día que preferiría no recordar, desperté bañado por el roció de la alborada, sacudiéndome con suavidad, para alzar mis ramas al horizonte azulado del nuevo día.

 ¡De pronto! sentí un ruido intenso, que rápidamente comenzó a penetrar en todas las fibras de mi tallo, con la severidad de los dientes de una fiera cuando devora su presa. Mi grito resonó en toda la naturaleza colindante. Una a una todas mis memorias, conexiones, y la savia que circulaba por mis tejidos, fueron guillotinadas. Y así nos fueron exterminando en hilera, desplomados sobre el suelo que nos había alimentado.

Bajo el puente refugiados una pareja de gorriones, no podían abrir más sus pequeños ojos, con sus plumas abatidas, piaban y piaban junto a sus crías, sin poder hacer nada por la que había sido su morada.

Hoy quise despedirme. Los observé cantando y saltando, alimentando a su familia entre el follaje de un roble centenario, próximo a una aldea.

Me acerqué siendo brisa, acariciando su plumaje, para perderme en entre las flores, perfumando el aire.

 ¡Hasta siempre amigos míos!

María José Sánchez (MJ.bolboreta)