ALTERNATIVAS PARA UNHA MENSTRUACIÓN SEN RESIDUOS
Cando temos inquietudes relacionadas co ecoloxismo e a sostibilidade, é necesario pensarmos en alternativas para todos os ámbitos da nosa vida. Este é o caso durante a menstruación, xa que desbotar tampóns ou compresas de usar e tirar ten un impacto ambiental elevado e constante, repetido cada mes ao longo dos nosos ciclos. Por este motivo, seguindo coa proposta de María Olivares, queremos compartir 3 alternativas sostibles para a menstruación.
Compresas de tela
Están creadas con teas colocadas superpostas, conseguindo unha elevada absorción. Podes facelas ti mesma. Colócanse igual que unha compresa convencional, pero á hora de rematar de usala, en lugar de desbotala, podemos lavala para continuar usándoa.
Copa menstrual
Trátase dunha especie de copa feita de silicona. Moi suave ao taco e moi eficaz para recoller o fluxo. Coa copa menstrual é que non necesitas nin usar salvaslips, porque é moi eficaz e pode recoller moita cantidade. Para cambialo, só se quita, baléirase, lávase con coidado cun jabón neutro e pódese volver usar sen problemas. Tamén se recomenda hervila a primeira vez que se emprega en cada ciclo.
Bragas absorbentes
Son unhas braguiñas cuxa composición permite non ter que levar compresas, pois están feitas dun material flexible capaz de absorber en gran cantidade, sen deixar que se traspase á roupa. Evita tamén os cheiros e poden pasar por unhas braguitas normais.