Coa pandemia COVID-19 e a disrupción económica e social que atravesa o mundo, 2020 é un ano fundamental para o cambio transformador.
Este mes de setembro, os líderes mundiais estarán reunidos na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o 5º aniversario dende que se asinou a Resolución da Axenda 2030 , “Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible”.
Consideramos que este 5º aniversario da Axenda 2030 deberá convertirse nun punto de inflexión para as persoas e o planeta. Con ese obxectivo, xurdiu a iniciativa #act4SDGs , que consiste nun chamamento global a persoas e organizacións de todas partes para que tomen medidas para actuar a favor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que son, precisamente, a folla de ruta necesaria para unha recuperación xusta, igual e sostible da crise sociosanitaria actual
Polo tanto, esta é unha oportunidade para contarlle ao mundo o que estamos facendo dende SomosTerra para avanzar cos ODS e queremos contar contigo para facelo posible!
E ti, xa coñeces o potencial da Axenda 2030?