Pola conservación da Biodiversidade!

Este ano queremos facer homenaxe á Sociedade Galega de Historia Natural pola súa contribución (dende o 1973) á conservación da biodiversidade en Galicia.

A definición máis estendida sobre a biodiversidade ofrécenola o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992. Biodiversidade é a variabilidade de organismos vivos de calquera fonte, incluídos, entre outros, os ecosistemas terrestres e mariños e outros sistemas acuáticos, e os complexos ecolóxicos dos que forman parte; comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e dos ecosistemas.

A biodiversidade abarca, polo tanto, a enorme variedade de formas mediante as que se organiza a vida. Inclúe todas e cada unha das especies que cohabitan connosco no planeta, sexan animais, plantas, virus ou bacterias, os espazos ou ecosistemas dos que forman parte e os xenes que compoñen a cada especie, e dentro delas a cada individuo, diferente do resto.

Diferéncianse tres niveles na biodiversidade:

Diversidad xenética: inclúe os compoñentes do código xenético de cada organismo e a variedade destes entre individuos dentro dunha poboación e entre poboacións dunha mesma especie.

Diversidad de especies: inclúe os seres vivos con características comúns. Ademais, abarca tamén outros grupos menores, como subespecies e, tamén, outros máis amplos que agrupan especies como xéneros ou familias.

A diversidad de espazos: inclúe os ecosistemas como núcleo central. Estes son conxuntos de plantas, hongos, animais, microorganismos e o medio físico que os rodea, interactuando como unha unidade funcional.

Cales son os beneficios de contar cunha biodiversidade rica?

(dende o punto de vista máis antropocéntrico)
Provenos de alimentos, medicamentos, materias primas/recursos e enerxía para asegurar a supervivencia de humanos, animais e plantas.

Garántenos servizos dos que non poderiamos prescindir: regulación da calidade do aire e do clima, a purificación das augas, o control da erosión e dos desastres naturais, e a polinización, entre outros.

Así que, canto máis rica é a biodiversidade, máis posibilidades de supervivencia temos todos os que vivimos no planeta.

Máis aló desta visión de supervivencia, a biodiversidade ten un valor incalculable, sendo un dos grandes tesouros que nos ofrece a vida neste planeta Terra. A continuación, deixámosvos unha lista de reprodución que creamos na canle de Youtube da cooperativa para desfrutar da Biodiversidade en Galicia:

Campamento Agroecoloxía no CEIP de Mallón

Continuando co proxecto Agroecoloxía na Escola no CEIP de Mallón (Nigrán), en colaboración co equipo de Donde viven los cuentos, presentamos un campamento no que traballaremos a horta, faremos obradoiros de cociña saudable, teremos instalacións de arte, excursións para coñecer a contorna natural, deportes acuáticos (piragüismo, vela, bautizo de mar, etc.), herpetoloxía e máis sopresas!

As actividades terán lugar nun entorno bilingüe para que as nenas e nenos de entre 3 a 12 anos practiquen inglés durante o verán, de forma divertida! Para máis información, contacto en campamentomallon@gmail.com ou nos teléfonos 677 02 33 17 // 722 70 43 90