Por un 2021 consciente e sostible

Iniciativa CooperAcción 2021

“Acción colectiva para vivir de xeito sostible”

A cooperación pode definirse como o conxunto de accións e esforzos que, xunto con outra ou outras persoas, levamos a cabo para acadar un obxectivo común. A palabra, como tal, provén do latín cooperatĭo, cooperatiōnis.

Neste sentido, a cooperación é o resultado dunha estratexia de traballo conxunta que aplica unha serie de métodos para facilitar a consecución do obxectivo común, tales como o traballo en equipo, accións coordinadas, etc.

Así, a cooperación é esencial para a vida en sociedade, porque é un xeito mellor e máis eficiente de xestionar asuntos baseados no interese colectivo.

No campo ecolóxico e noutras ciencias naturais, como a bioloxía, a cooperación coñécese como a relación de colaboración que se establece dentro dunha poboación de individuos da mesma especie para acadar obxectivos comúns, xeralmente ligados á protección contra ameazas externas.

Tendo como raíz este significado, dende a cooperativa SomosTerra demos en empregar o termo “CooperAcción”, indo un pouco máis aló para concretar a “acción colectiva para vivir de xeito sostible”.

 

Con esta idea, lanzamos diferentes convocatorias abertas á cidadanía. A primeira delas, o Calendario CooperAcción 2021, no que máis de 23 propostas artísticas como fotografía, debuxos, relatos curtos e poesía dan forma a este calendario, alimentando un 2021 no que a sostibilidade, en todos os seus ámbitos, é por fin a protagonista. 

Preme na imaxe para máis información

Actualmente, grazas á colaboración da cidadanía, estamos mapeando os casos de acción a favor da sostibilidade no territorio galego, pois para motivar a xente e cocrear un 2021 consciente e sostible, non hai nada mellor que visibilizar as iniciativas e ás persoas que xa están dando exemplo! Podes realizar a túa achega na canle de comunicación da iniciativa:

Por último e para despedirnos, queremos convidarte á Xuntanza dixital que temos programada para este 29 de xaneiro ás 19:00h, na que estaremos celebrando a 1º Festa da CooperAcción, xunto coas persoas artistas que participaron na creación do calendario, así como compartindo unha serie de sorpresas que nos teñen emocionadas. 

Se queres participar, podes inscribirte no seguinte enlace: