fbpx

RE-CONECTA!

A semana pasada participamos no RE-CONECTA, un conxunto de actividades de networking para as iniciativas de economía social que participaron no proxecto LACES, no que compartimos experiencias, recursos e coñecementos e aproveitamos sinerxías para impulsar novos proxectos.

A cooperación é unha realidade!

Deixámosvos o enlace para entrar a coñecer os demais proxectos:

http://reconecta.esconecta.com/expositores/

Ti xa coñecías o proxecto LACES?

O obxectivo último do proxecto LACES é contribuír á promoción e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal para acadar un salto cuantitativo na súa capacidade de xerar e consolidar emprego a través da execución de programas piloto de competitividade e promoción deempresas de economía social da zona transfronteiriza, e actúar así como fonte de coñecemento e innovación para modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas de calidade e emprego na eurorrexión.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad