0DS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

Nos últimos decenios, o mundo experimentou un crecemento urbano sen precedentes. En 2015, preto de 4000 millóns de persoas (o 54% da poboación mundial) vivía en cidades e, segundo as proxeccións, ese número aumentará ata aproximadamente 5000 millóns para 2030.

As cidades, tal e como expresa na declaración do Día Mundial das Cidades, teñen aspectos realmente positivos para a sociedade. Por exemplo,  as cidades permitiron ás persoas progresar social e economicamente, sendo o epicentro do comercio, a cultura, a ciencia, o desenvolvemento social e moito máis. Porén, tamén suscitan moitos problemas, desde a presión que exercen sobre a terra e os recursos ata a conxestión, a contaminación, a falta de fondos para dotalas de servizos básicos, a escaseza de vivenda ou o deterioro das infraestruturas.

Por este motivo, é imprescindible transformar as cidades hacia un modelo máis sostible e máis inclusivo, no que se garanta o benestar socioecolóxico.

A continuación presentamos as metas resumidas para este ODS.

A Nova Axenda Urbana, aprobada en outubro de 2016 na cidade de Quito, preséntase como compás para facer fronte aos desafíos das cidades nas próximas décadas e pode ser vista como unha extensión do ODS 11. Nesta axenda, establécense 8 liñas de acción:

  1. Proporcionar servizos básicos para toda a cidadanía.
  2. Garantir o acceso a igualdade de oportunidades e libre de discriminación.
  3. Promover medidas en apoio de cidades máis limpas.
  4. Fortalecer a resiliencia nas cidades para reducir o risco e o impacto dos desastres ambientais. 
  5. Tomar medidas para facer fronte ao cambio climático mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
  6. Respectar plenamente os dereitos dos refuxiados, dos emigrantes e dos desprazados internos, independentemente da súa situación migratoria.
  7. Mellorar a mobilidade e apoiar iniciativas innovadoras e ecolóxicas.
  8. Promover espazos públicos seguros, accesibles e ecolóxicos.

Aínda que estas liñas de acción foron definidas polos lideres mundiais, cada un de nós poderemos contribuír con pequenos xestos no noso día a día. Por suposto, non poderían existir as cidades e as comunidades sostibles se non houbese unha produción e un consumo responsable nas mesmas. Por iso, a continuación presentamos o ODS 12, a través do cal estaremos contribuíndo directamente as metas deste ODS 11.

ODS 12 : PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES

O consumo sostible ou consumo responsable é un elemento integral do Desenvolvemento Sostible e un tema esencial para a abordar as metas da Axenda 2030.

O consumo responsable refírese ao conxunto de accións que tratan de atopar solución viables aos desequilibrios (sociais e ambientais) por medio dunha conducta mais responsable por parte dos axentes consumidores. 

O previsible aumento da poboación exercerá unha presión inmensa sobre os recursos naturais, a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico do planeta.

Resulta imprescindible, para acadar os demais ODS, que se garantan modalidades de consumo e produción sostibles que permitan asegurar a capacidade das vindeiras xeracións para satisfacer as súas necesidades. 

Neste proceso é necesaria a transformación dos sistemas de produción, logrando unha economía circular, onde o residuo se considere como recurso. As empresas deben ter ese papel transformador, cambiando o seu modelo produtivo, adaptándoo a un modelo de consumo e produción sostible.