Sobrecapacidade da Terra

A primeira vez que nos atopamos con este termo nas redes ficamos cos ollos moi abertos, como querendo non terminar de asimilar o que significa. É un concepto digno dunha filme de terror. 

Xa sabes do que estamos a falar?

O Día da  Sobrecapacidade da Terra marca ese momento no que o ser humano consumiu todos os recursos naturais dos que dispoñía para todo o ano, sen que o planeta poida rexenerarse. Este cálculo realízao a Global Footprint Network e consiste nunha proxección teórica que se realiza a partir de dous tipos de indicadores. Por unha banda, a  biocapacidade ou a capacidade que teñen os ecosistemas para renovarse por si mesmos. Por outro, a pegada ecolóxica, que mide a superficie de terreos e mares  necesaria para producir todos os recursos que consome unha poboación e absorber os seus residuos.

Cada ano a data cambia. Neste atípico ano 2020, o Día da Sobrecapacidade da Terra aterrou o 22 de agosto, máis de tres semanas despois que en 2019, segundo Global  Footprint  Network. A data reflicte a redución do 9,3% da pegada ecolóxica da humanidade en comparación co mesmo período do ano pasado, o cal é unha consecuencia directa dos peches pola COVID-19 por todo o mundo. 

Podes investigar máis sobre cómo se calcula o Día da Sobrecapacidade da Terra neste enlace: http://www.overshootday.org/2020-calculation/