Nos últimos decenios, o mundo experimentou un crecemento urbano sen precedentes. En 2015, preto de 4000 millóns de persoas (o 54% da poboación mundial) vivía en cidades e, segundo as proxeccións, ese número aumentará ata aproximadamente 5000 millóns para 2030.
As cidades, tal e como expresa na declaración do Día Mundial das Cidades, teñen aspectos realmente positivos para a sociedade. Por exemplo, as cidades permitiron ás persoas progresar social e economicamente, sendo o epicentro do comercio, a cultura, a ciencia, o desenvolvemento social e moito máis. Porén, tamén suscitan moitos problemas, desde a presión que exercen sobre a terra e os recursos ata a conxestión, a contaminación, a falta de fondos para dotalas de servizos básicos, a escaseza de vivenda ou o deterioro das infraestruturas.
Por este motivo, é imprescindible transformar as cidades hacia un modelo máis sostible e máis inclusivo, no que se garanta o benestar socioecolóxico.
A continuación presentamos as metas resumidas para este ODS.

A Nova Axenda Urbana, aprobada en outubro de 2016 na cidade de Quito, preséntase como compás para facer fronte aos desafíos das cidades nas próximas décadas e pode ser vista como unha extensión do ODS 11. Nesta axenda, establécense 8 liñas de acción:
- Proporcionar servizos básicos para toda a cidadanía.
- Garantir o acceso a igualdade de oportunidades e libre de discriminación.
- Promover medidas en apoio de cidades máis limpas.
- Fortalecer a resiliencia nas cidades para reducir o risco e o impacto dos desastres ambientais.
- Tomar medidas para facer fronte ao cambio climático mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Respectar plenamente os dereitos dos refuxiados, dos emigrantes e dos desprazados internos, independentemente da súa situación migratoria.
- Mellorar a mobilidade e apoiar iniciativas innovadoras e ecolóxicas.
- Promover espazos públicos seguros, accesibles e ecolóxicos.
Aínda que estas liñas de acción foron definidas polos lideres mundiais, cada un de nós poderemos contribuír con pequenos xestos no noso día a día. Por suposto, non poderían existir as cidades e as comunidades sostibles se non houbese unha produción e un consumo responsable nas mesmas. Por iso, a continuación presentamos o ODS 12, a través do cal estaremos contribuíndo directamente as metas deste ODS 11.
